Sunday 28 de April de 2024

Oleiros oferta 152 prazas vacantes nas Escolas Municipais de Teatro, Danza e Música


O Concello fai pública a relación de vacantes nas Escolas Municipais de Teatro, Danza e Música. Un total de 152 persoas poden anotarse a estas iniciativas relacionadas coa pedagoxía artística e a creatividade.

Na Escola Municipal de Teatro hai 8 prazas: unha de adultos, 2 para persoas de 8 anos, 3 para nadas en 2019 e outras 2 para nadas en 2018.

A oferta da Escola de Danza é moi superior. Na fase denominada “música e movemento” hai en total 36 prazas para persoas nadas entre os anos 2016 e 2019. A partires de 8 anos e en danza clásica hai 56 prazas, entre as que se contan as 13 do nivel máis avanzado. No capítulo de danzas urbanas existen dispoñibles 11 prazas de iniciación, 12 de intermedio e 13 de nivel avanzado.

Na Escola de Música dispoñen de 16 prazas para nenas ou nenos nados entre 2016 e 2019. Para máis maiores, clarinete e frauta dispoñen de 4 prazas por cada instrumento, 2 para contrabaixo, fagote, percusión, trompa e trompeta, 5 para oboe e trombón, 6 para violoncello e 1 para viola. En total, 52 prazas.

Máis info en https://www.oleiros.org/prazas-dispo%C3%B1ibles
https://www.oleiros.org/prazas-dispo%C3%B1ibles-danza